Portonovo permítenos desbubrir os segredos que esconde o mar coas clases de submarinismo
Se son uns amantes do mar e dos segredos que este esconde existen cursos cos que poder descubrilo. Unha actividade que apetece aínda máis agora no verán, cando o bo tempo tamén acompaña a vivir esta experiencia.
Desde hai catro anos impártense clases de submarinismo en Portonovo. Hoxe presenciamos, como un alumno máis, unha delas.
Comezamos asistindo a unha pequena clase teórica, en que coñecemos como funciona o equipo, a seguridade ou sinais para comunicarnos entre nós debaixo da auga. Rematadas as indicacións, imos ao porto para embarcar.
Xa na embarcación, toca tirarse á auga e desfrutar das pequenas sorpresas que nos depara o mar. Importante indicar que estamos ben con acenos de dedos aos monitores, para evitar posibles riscos.
Unha experiencia única e inesquecible para coñecer o mar nas nosas vacacións.