CRTVG

Buscar

Portomarín emerxe sobre augas do río Miño

Publicado o 15/07/2021 20:28
Portomarín emerxe sobre augas do río Miño

A calor e a escaseza de choivas traen unha das imaxes dos veráns, as poboacións asolagadas que coa baixada da auga das presas quedan á vista. Así acontece cos restos do antigo Portomarín, somerxido no río Miño, no encoro de Belesar.  Segundo os últimos datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros afrontan a época máis seca do ano, do 15 de xullo ao 15 de agosto, con menos auga ca o ano pasado. A cunca atlántica, á que pertence o Miño-Sil e Galicia Costa, ten hoxe 4.000 hectómetros cúbicos menos de agua respecto a 2020.

Noticias web

15/07/2021