CRTVG

Buscar

Portomarín, declarado Municipio Turístico Galego

Publicado o 24/06/2016 13:07

A declaración por parte da Xunta obedece aos seus numerosos atractivos, entre os que destaca a grande afluencia de visitantes que recibe, sobre todo peregrinos

Portomarín foi declarado Municipio Turístico Galego. Esta distinción, outorgada pola Xunta, baséase nos numerosos atractivos dunha vila pola que atravesa o Camiño Francés e onde se celebran a Feira da Augardente ou os Domingos Folclóricos. No municipio hai ademais unhas 1.500 prazas hoteleiras.

Á lista de concellos coa distinción de Municipio Turístico Galego vén sumarse un novo, o de Portomarín. A declaración por parte da Xunta obedece aos seus numerosos atractivos, entre os que destaca a grande afluencia de visitantes que recibe, sobre todo peregrinos. De feito, ten unhas 1.500 prazas hoteleiras, unha cifra superior ao 50 por cento dos seus veciños.

Os turistas e peregrinos que acoden a Portomarín valoran a súa singularidade entre os lugares polos que pasa o Camiño Francés. Chámalles moito a atención o feito de que as igrexas da vila fosen trasladadas pedra a pedra trala construción do encoro de Belesar.

Outros atractivos tidos en conta á hora de declarar Portomarín Concello Turístico son as súas festas, como a Feira da Augardente ou os Domingos Folclóricos que se celebran no mes de agosto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2016