Portomarín acolle en xuño o Campionato Nacional Infantil de Piragüismo
Publicado o 05/03/2021 13:29
Portomarín vai acoller no mes de xuño a Copa de España de Novas Promesas en categoría infantil 3.000 metros de piragüismo, en que participarán uns 1.000 rapaces e rapazas.
O Club Fluvial de Lugo e o Concello de Portomarín organizan a Copa, a única competición que a Federación Española de Piragüismo adxudica fóra das bases do circuíto permante de Pontevedra, Asturias e Sevilla.
O certame celebrarase nas instalacións do albergue xuvenil que a Xunta de Galicia ten cedidas ao Club Fluvial de Lugo na cola do encoro de Belesar.