CRTVG

Buscar

Porto do Son, Noia, Outes e Muros, ao bordo do peche

Publicado o 28/12/2020 15:51

A área sanitaria de Santiago-A Barbanza é a máis castigada neste momento pola pandemia. O comité clínico podería endurecer as restricións en Porto do Son, Noia, Outes e Muros. Os datos empeoraron e non se descarta o peche perimetral.

Os catro presentan unha incidencia acumulada superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

En Porto do Son, con 44 novos contaxios nos últimos 14 días, a incidencia está moi por riba da considerada zona de perigo, polo que é moi probable que o comité decida endurecer as limitacións na hostalería e restrinxir a mobilidade. Tamén é moi probable que se dea a mesma sitiuación en Noia, Outes e Muros. Catro concellos que ata agora permanecen no nivel básico de restricións.

O virus esténdese pola Barbanza sen abandonar os concellos onde xa hai restricions de máximo nivel. Repuntan os contaxios en Boiro e Rianxo. Ademais, A Pobra, ata o de agora en mellor situación, chega á zona de perigo, con 24 casos positivos.

Noticias web

28/12/2020