CRTVG

Buscar

Porto do Son estrea puntos de amarre para 50 embarcacións

Publicado o 22/08/2019 15:15

Porto do Son estrea dous novos embarcadoiros con 50 puntos de amarre, que permitirán ordenar a zona de atraque do peirao. A obra, que tivo un custo de medio millón de euros, precede a outro proxecto de maior envergadura, como é a remodelación da fachada marítima da vila. A conselleira do Mar expicou, na súa visita ao Son, que se presentaron 14 empresas na fase de licitación. "Os técnicos están valorando cada un deses proxectos, o investimento previsto é de cinco millóns de euros, e vai ser un antes e un despois en Porto do Son", asegurou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019