CRTVG

Buscar

Portas abertas en fragatas da Armada no V centenario da volta ao mundo de Elcano

Publicado o 18/01/2019 20:38

Solemne celebración en Vigo do quinto aniversario da volta ao mundo de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián de Elcano. A banda de música e unha brigada de alumnos da Escola Naval de Marín protagonizaron o acto de arriar a bandeira que deu paso a un desfile militar onde estivo presente a conselleira do Mar. O almirante da frota presidiu un acto en que se inaugurou un monólito cos bustos dos dous navegantes que completaron a primeira circunnavegación do planeta.
 

Noticias web

18/01/2019