CRTVG

Buscar

O Porriño abre un expediente para investigar a "sucesión de incidentes" en Xesnatura

Publicado o 04/04/2019 20:15

O Concello do Porriño incoou un expediente informativo para investigar a "sucesión de incidentes" rexistrados nas plantas da empresa Xesnatura tras declararse un incendio nas últimas horas.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, explica nun comunicado que o obxectivo deste expediente é botar luz ante a "reiteración de incendios" nas instalacións desta empresa. A información reunida será remitida ás consellerías de Medio Ambiente e Industria para que actúen segundo as súas competencias.

Esta noite volveu arder a planta de reciclaxe de Xesnatura da empresa Couceiro no polígono das Gándaras, no Porriño. Xa ardera o pasado verán e numerosas veces nos últimos dez anos. A alerta saltaba contra as tres e cuarto da madrugada, cando eran avisados do lume os bombeiros do Porriño. As dimensións do incendio obrigaron a mobilizar tamén os servizos de emerxencias de Mos e os bombeiros de Vigo e do Morrazo. 

Nos últimos dez anos, esta empresa ardeu xa oito ou dez veces. A última, este pasado verán. Esta planta do Grupo González Couceiro, do polígono das Gándaras, leva aberta desde 2005.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019