CRTVG

Buscar

"Por un Entroido libre de machismos", unha campaña contra os abusos nesta festa

Publicado o 09/02/2018 22:15

 

Unha consultora de xénero, outra de comunicación e unha deseñadora gráfica de Ourense desenvolven unha iniciativa social contra os abusos e as agresións machistas este Entroido.

Hai concellos, partidos e medios que xa fixeron seu este berro, "non é non", nas redes sociais.Tamén dende a comisión de Entroido de Xinzo de Limia puxeron este ano o foco nesta problemática.

E é que as mulleres queremos desfrutar libres e tranquilas da festa máis agardada na provincia de Ourense. Desexo que sae tamén doutros colectivos, para unha troula segura para todas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018