Por riba dos 30 graos en varias zonas de Ourense
Publicado o 07/10/2019 21:04
Buscando o fresco ao carón do Miño ou baixo a sombra das árbores. Poderían ser imaxes do mes de agosto, pero estamos en outubro. Tempo de verán polo día, pero pola noite a cousa cambia.
Ata os cero graos en Calvos ou 5 graos en Verín, onde pola tarde chegaron a superar os 30. O mesmo aconteceu en Ourense. A media que pasan as horas sobra a chaqueta e a moitos ata a camisa.
Mellor aproveitalo porque mañá a chegada dunha fronte fará que baixen as temperaturas en toda Galicia. As máximas non superarán os 23 graos.