CRTVG

Buscar

Por que saltou a alarma co uso do Nolotil?

Publicado o 07/11/2018 16:47

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios recomenda non prescribir metamizol, máis coñecido como Nolotil, a pacientes aos que non se lles poida facer un seguimento, como poden ser os turistias. A alarma vén provocada pola morte de 10 británicos aos que lles receitaran este analxésico cando estaban de vacacións en España.

Todos o coñecen pola súa marca máis comercial, Nolotil, pero o principio activo causante da polémica é o metamizol. Este analxésico utilizado en España dende hai 50 anos non é o problema, si, o uso que se fai del.

Olegario Cortiñas, farmacéutico: "É un bo analxésico pero debe usarse para dores puntuais. Nunca debe de usarse máis de sete días".

Un dos efectos adversos que pode provocar este medicamento é a agranulocitose.

Antonio Pose, xefe do Servizo de Medicina Interna do CHUS: "É unha diminución dos glóbulos brancos da sangue, que son as células de defensa da sangue".

Aínda que en España se dan casos desta enfermidade, a súa incidencia é moi baixa. Non sucede o mesmo no norte, onde está prohibido o seu uso en moitos países.

Olegario Cortiñas, farmacéutico: "Nalgunhas razas do norte de Europa hai unha predisposición, xenética, que favorece que tendan a agranulocitose, que é a complicación máis importante do Nolotil".

O Nolotil, e un medicamento moi demandado en España. O seu consumo duplicouse na última década. No 2017 prescribíronse case 23 millóns de envases.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2018