CRTVG

Buscar

Por primeira vez supérase a cifra de 37 millóns de electores

Publicado o 10/11/2019 09:26

Eleccións xerais. Os españois volveremos elixir deputados e senadores 196 días despois. Neste tempo, pouco cambiou no panorama electoral, salvo que se suman algúns electores máis, 37 millóns en números redondos, entre eles 227.000 novos votantes, os que cumpriron a maioría de idade despois do 28 de abril.
Eliximos quen sentará os vindeiros catro anos nestas cadeiras: nas 350 do Congreso dos deputados e nas 208 das 266 que forman o Senado. O resto decidiranas os parlamentos autonómicos. Na cámara baixa, os galegos teremos 23 representantes: 8 pola Coruña, 7 por Pontevedra, 4 por Lugo e outros tantos por Ourense.
No Senado, cada provincia, agás as illas, ten o mesmo número de representantes, catro. En total, temos dereito ao voto dous millóns setecentos mil galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019