CRTVG

Buscar

"Por min e por todos os meus compañeiros", nova campaña de Unicef xunto coa CRTVG

Publicado o 18/11/2019 13:18

Unicef e esta casa alíanse na campaña "Por min e por todos os meus compañeiros", para loitar contra unha situación que arrepía: cada día morren 15.000 nenos de menos de 5 anos por causas evitables.

Miriam Garabito, presidenta de Unicef Galicia: "Con esta campaña, que nos leva a todos a eses momentos do patio cos nosos compañeiros e que era un momento tan emotivo cando podías dicir por min e por todos os meus compañeiros, queremos presentar o labor de Unicef, que é preservar os dereitos dos nenos alí onde estean".

O fin é recadar fondos para proporcionar vacinas, auga potable e alimentos aos nenos que o precisen. Tamén para mellorar o acceso á educación e para protexer os pequenos expostos á explotación, abuso, violencia e exclusión.

Miriam Garabito, presidenta de Unicef Galicia: "Necesitamos a axuda das persoas, institucións, empresas e medios de comunicación para conseguir recursos que nos permitan seguir traballando para garantir os dereitos dos nenos".

En Unicef lembran que calquera achega pode axudar a mellorar a vida dos pequenos, de todos os compañeiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019