CRTVG

Buscar

Pouco ambiente na xornada de apertura do ocio nocturno

Publicado o 01/07/2021 14:24

Tras máis dun ano pechados, esta tiña que ser a súa gran noite, pero a realidade é que apenas houbo ambiente e a maioria dos locais nin abriron ao tratarse tamén dun día de semana. Desde o sector apuntan a que será unha apertura moi gradual e condicionada por moitos factores. De feito, en Santiago son poucos os locais optaron por abrir nesta primera noite. As principais discotecas da Coruña tamén decidiron manter o peche ata que a situación epidemiolóxica estea máis tranquila. No caso de Pontevedra, moitos xa tiñan todo listo para a reapertura, se ben a maioría decidiron non abrir estas dúas noites previas á entrada no nivel medio de restricións a partir do sábado.

A primeira noite de apertura do ocio nocturo non distou moito das xornadas anteriores. Malia que os locais se perapararon e podían abrir ata as tres, moitos manitiveron o horario ata unha da mañá e a maioría nin abriron.

"Foi unha noite normaliña", di Sergio Fernández, propietario dun local de ocio nocturno en Santiago.

O feito de que o día sinalado para esta volta caese a metade de semana fai que a apertura efectiva se produza a partir deste xoves.

"Agardamos que a partir de hoxe e durante a fin de semana xa abran mais locais e haxa máis ambiente", di Sergio Fernández, propietario dun local de ocio nocturno en Santiago.

Desde o sector calculan que tan só o 30 por cento dos locais autorizados abrirán estes días as días portas. Unha porcentaxe que en Santiago podería acadar o 50 por cento. Serán na súa maoiria locais pequenos. Na Coruña, as principais discotecas da cidade optaron por manter o peche ata que mellore a situación.

En Pontevedra, as novas restricións que entrarán en vigor os sabado, fixeron aprazar a reapertura. "Non ten sentido abrir só dúas noites e ter que volver pechar", di Daniel Lorenzo, responsable dun local de ocio nocturno en Pontevedra. Haberá que esperar aos próximos días para ver se o ocio nocturno recupera a súa actividade.

Noticias web

01/07/2021