CRTVG

Buscar

Pontón ve nas palabras de Otegi un xesto que axudará a deixar atrás a violencia

Publicado o 20/10/2021 16:07

Ana Pontón cre que as palabras de Arnaldo Otegi sobre a dor das vítimas de ETA son un xesto que axudará a deixar atrás a violencia.

"Simplemente con que unha vítima se sinta mellor e a axude a paliar a dor é algo positivo. Desde logo que en democracia a violencia non ten cabida, a única vía é a da defensa das ideas pola palabra, pola decisión da cidadanía, e eu creo que afortunadamente deixamos atrás unha etapa moi escura", dixo a portavoz nacional do BNG.

 

Noticias web

20/10/2021