Pontón: "Temos un gran candidato en Ourense co aval do proxecto do BNG"
Publicado o 10/05/2019 15:27
A voceira nacional do BNG estivo esta mañá en Ourense presentando o seu programa para as eleccións municipais co candidato á alcaldía, Luís Seara.
Ana Pontón asegurou que o seu é un proxecto xa testado noutras cidades e que funciona para mellorar a vida dos galegos. Fixo un chamamento aos cidadáns descontentos co Goberno actual e asegurou que a súa é unha organización sólida e renovada.