CRTVG

Buscar

Pontón ratifícase: "Hai manadas na política"

Publicado o 23/11/2018 15:20

Mulleres do Partido Popular de Galicia concentráronse esta mañá na sede do partido para censurar as palabras da deputada do BNG Ana Pontón, que durante a sesión de control do mércores dixo que "hai manadas na política". Tras estes feitos, Ana Pontón ratificou hoxe as súas palabras e insistiu nelas.

As mulleres do PPdeG consideran as palabras de Ana Pontón un insulto e pídenlle á deputada do BNG que rectifique. Esta polémica producese só dous días antes da celebración do día contra a violencia machista.

O PSdeG pon en valor o Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Con motivo do 25 de novembro, o secretario xeral do PSdeG dixo que o seu partido está a celebrar actos en todo Galicia para poñer en valor o Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Un pacto dotado con 200 millóns de euros polo Goberno de Pedro Sánchez. Gonzalo Caballero anunciou que o Goberno Central quere ampliar, en 2019, ata 40 millóns os 20 que ata agora xestionan directamente os concellos.

Noticias web

23/11/2018