Pontón pide respecto para a presunción de inocencia dos detidos de Resistencia Galega e Tellado acúsaa de moverse na equidistancia
Publicado o 17/06/2019 18:31
Desde o BNG subliñan o seu rexeitamento a calquera manifestacion violenta para conseguir fins políticos. Pero, ao mesmo tempo, piden respectar a presunción de inocencia dos detidos de Resistencia Galega.
Pola súa banda, Miguel Tellado, secretario xeral do PP de Galicia, acusou a Ana Pontón de moverse na liña da equidistancia e da suavidade.