CRTVG

Buscar

Pontón lembra as vítimas da pandemia na súa felicitación de Nadal

Publicado o 30/12/2020 16:35

A líder do Bloque Nacionalista Galego publicou, por primeira vez, unha mensaxe de Nadal dirixida os galegos.

Nun vídeo na páxina web e nas redes sociais do partido, Ana Pontón cualifica de exemplar a reacción da maioría da sociedade diante da pandemia. A portavoz nacional do BNG tamén lembrou as vítimas do coronavirus e os colectivos que loitaron en primeira liña contra a pandemia.

Ana Pontón deixou, ademais, unha mensaxe de esperanza para o 2021.

Noticias web

30/12/2020