Pontón destaca a "capacidade do BNG para cambiar a vida das persoas"
Publicado o 01/11/2019 21:28
A voceira nacional do BNG aproveitou o mitin que a súa formación deu en Allariz para destacar a que definiu como capacidade do BNG para transformar a vida das persoas.
Ana Pontón puxo como exemplo o traballo feito nos últimos anos por Francisco García, cabeza de lista por Ourense.