CRTVG

Buscar

Pontón denuncia a discriminación de Galicia no plan estatal demográfico

Publicado o 16/04/2021 16:24

O BNG denuncia que o plan estatal ante o reto demográfico discrimina a Galicia. Ana Pontón di que recolle dez mil millóns de euros pero sen partidas concretas para a comunidade, pese a superar en Galicia a media estatal de envellecemento.

"Entendemos que hai que denunciar que nin sequera se nomee o problema demográfico que temos en Galicia. Hai que ter unha política ambiciosa para que os recursos cheguen de maneira xusta a quen os necesita, e se alguén precisa enfrontar o reto demografico é Galicia, e concretamente zonas interiores de Ourense", considera.

Noticias web

16/04/2021