Pontón critica a decisión de Navantia de desviar carga de traballo a Cádiz
Publicado o 15/04/2019 18:34
O BNG criticou a decisión de Navantia de desviar parte do traballo do último pedido da eólica mariña do estaleiro de Fene ao de Cádiz. Ana Pontón dixo que o naval galego o que necesita é "unha aposta de futuro".
Ana Pontón, voceira nacional do BNG: "Indignante que unha vez máis vexamos como se está a desviar carga de traballo para Cádiz e como as promesas electorais son iso, promesas que logo non acaban de verificarse. O naval necesita unha aposta de futuro".