CRTVG

Buscar

Pontón chama á mobilización para facer historia o 12 de xullo

Publicado o 02/07/2020 21:31

Dende Tomiño o BNG volveu insistir en que o seu obxectivo é facer historia o vindeiro 12 de xullo. Ana Pontón puxo Tomiño como exemplo do que o BNG fai onde goberna. A candidata á presidencia da Xunta convidou a trasladar isto ao resto de Galicia. Ana Pontón aproveitou este acto de campaña para facer de novo un chamamento á participación o vindeiro 12 de xullo. A candidata nacionalista insistiu na idea de abrir un tempo novo. Di que este é o seu obxectivo.


 

Noticias web

02/07/2020

Máis sobre actualidade