Pontón chama á mobilización o 12 de xullo para "abrir un novo tempo no país"
Publicado o 01/07/2020 21:26
A candidata do BNG á Xunta elixiu hoxe a provincia da Coruña para os seus actos de campaña. Ferrol pola mañá e Carballo pola tarde onde participou nun mitin xunto a outros membros da súa candidatura. Aquí fixo un chamamento á mobilización nas urnas o próximo 12 de xullo, para abrir un novo tempo no país. Ana Pontón insistiu no feito de situar por vez primeira unha muller á fronte do Goberno galego