Pontón chama a defender con "uñas e dentes" a sanidade pública
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pídelle ao Goberno galego que se poña en marcha un plan de choque para reforzar a Atención Primaria. Un paso fundamental, segundo Pontón, para mellorar a sanidade pública.
A portavoz nacional do BNG fixo este xoves un chamamento á cidadanía da área sanitaria de Vigo para que acuda á manifestación desta noite para defender "con uñas e dentes" a sanidade pública "da política de acoso e deruba" á que a está sometendo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
"Os recortes e privatizacións non empezaron onte, leva doce anos o señor Feijóo empeñado en poñer contra as cordas á sanidade pública, proceso que se acelerou durante a covid", dixo Pontón nunha rolda de prensa fronte ao centro de saúde Rosalía de Castro, en Vigo.