Pontón apoia a folga xeral do 10 de marzo en Ferrolterra
Publicado o 02/03/2021 15:20
A líder nacionalista, Ana Pontón, considera que a folga xeral convocada en Ferrolterra para o 10 de marzo ten que ser unha chamada de atención para buscar solucións á situación da comarca.
"Esta folga ten que ser un exemplo de dignidade e loita. Ferrol non se resigna a ser un deserto industrial, as solucións teñen que vir da man da política", asegura a voceira nacional do BNG.