CRTVG

Buscar

Pontevedra vive con paixón o Mundial ITU Multisport

Publicado o 29/04/2019 20:28

Arranca a semana grande do Mundial Multisports de Pontevedra. Esta fin de semana tocou dúatlon, e con moi bos resultados, por certo, para os nosos atletas, e mañá celébrase a segunda competición do programa: o tríatlon cros.

Rubén Ruzafa e Laura Gómez lideran as aspiracións españolas. Ruzafa intentará revalidar o seu título mundal e Laura mellorar a prata conseguida no Europeo do ano pasado. Boa carta de presentación con vistas ao podio. A finais desta semana, xa saben, o prato forte: tríatlon de longa distancia con Gómez Noya na liña de saída.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019