CRTVG

Buscar

Pontevedra tivo no Domingo de Ramos a temperatura mínima histórica dun mes de abril en Galicia

Publicado o 25/04/2019 13:35

Cando faltan cinco días para que remate abril, os datos recollidos ata agora por Meteogalicia permiten calificalo como un mes húmido, xa que choveu máis do habitual. Pero a singularidade deste mes está sendo o cambio brusco de temperaturas, que nos deixa este contraste de imaxes: praias ateigadas na Semana Santa con valores superiores aos 25 graos, e, en apenas 24 horas, unha estampa tipicamente invernal e os termómetros marcando a metade.

Ángeles Lago, climatóloga do Departamento de Observación de Meteogalicia: "A característica principal é o contraste de temperaturas. Pasamos de temperaturas máximas que baixaron motísimo, ao mellor dos 28 aos 15 grados centígrados. Xa podemos falar dun mes de abril húmido ou moi húmido, porque xa se superaron con moito os valores do rango normal de precipitacións nas principais cidades".

Abril déixanos ademais un dato histórico: en Pontevedra rexistrouse a temperatura mínima máis alta o día 14, con case 15 graos. E os que prefiren o bo tempo están de sorte, porque a partir do sábado volven o sol e a calor.

Carlos Otero, preditor de Meteogalicia"Quédanos unha tarde de sábado de ceo despexado, e un resto da fin de semana con temperaturas en ascenso, ceo despexado e máximas que xa o sábado poderían superar os 20 graos no sur da comunidade, pero o domingo poderían superar os 25".

Ata o sábado seguiremos con inestabilidade. Hoxe os chuvascos serán máis fortes e a partir de mañá irán remitindo as precipitacións.

Noticias web

25/04/2019