CRTVG

Buscar

Pontevedra prepárase para volver á praia coa fase 2

Publicado o 22/05/2020 14:21

Se Galicia pasa á fase dúas, ademais de pasear, poderemos tomar o sol ou gozar dos baños nos areais de Pontevedra. Para que o distanciamento social estea garantido, os concellos elaboran protocolos en función das súas peculiaridades. En Vigo descartan o sistema de cita previa para grandes areais coma o de Samil e traballan nunha división do espazo que non impida a súa limpeza.

Preocupan sobre todo as aglomeracións nas praias urbanas. Imaxes coma estas non se poden repetir en Sanxenxo, onde apostan, entre outras medidas, pola división en cuadrículas na praia de Silgar e polo control das acollidas mediante drons que informen en tempo real da situación dos areais.

En Cangas, por exemplo, queren restrinxir os accesos rodados. Porén, ata mediados de xuño todos estes protocolos non serán unha realidade, por iso a mellor norma será aplicar o sentido común se volvemos ás praias.

A esa responsabilidade apelan dende os concellos mentres outras medidas de prevención non estean activas.

Noticias web

22/05/2020