CRTVG

Buscar

Pontevedra prepárase para acoller os mundiais de tríatlon

Publicado o 24/04/2019 21:16

Imaxinen un pequeno museo de Gómez Noya. Poder ver de preto eses trofeos de campión do mundo de tríatlon, coas zapatillas e co casco. Ou o de rei mundial de ironman 70.3.

Javi Gómez Noya, o fascinante e sedutor atleta do mundial de longa distancia que acolle Pontevedra. Mais non só existe o mundo de Javi. Hai outro galego, revélanos Jaime Agulló, responsable do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra: "Temos o actual campión do mundo, que o ano pasado en Dinamarca se fixo co título, como é Pablito Dapena, e temos a lenda do tríatlon mundial como é Javi Gómez Noya".

Noya e Dapena. Dous campións. Adéstranse xuntos e teñen os dous ficha no club de Víctor Riobó, así que achegámonos a el para ver a quen ve favorito nese duelo por ser o rei do tríatlon de longa distancia.

"Métome un pouco con eles, o favorito é Pablo porque ten que defender o título de campión do mundo pero se es obxectivo eu creo que Javi, sexa a distancia que sexa, ten un chanzo por enriba de Pablo".

Pontevedra. Epicentro do tríatlon, do aquatlon e do dúatlon mundial dende esta fin de semana ata a seguinte. Case 4.000 atletas de 52 países sen límites de idade: "Son 19 homes e mulleres de máis de 80 anos, 4 de máis de 85 anos e sobre todo, datos curiosos, 3 deles veñen de Nova Zelandia", sinala Jaime Agullo.

Mundiais ITU. O venres, na zona vella de Pontevedra, celébrase a cerimonia inaugural.

Noticias web

24/04/2019