CRTVG

Buscar

Pontevedra prepárase para a gran festa do tríatlon

Publicado o 25/04/2019 21:37

Pontevedra, a cidade de Javier Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro, acolle a partir de mañá o Mundial Multisport 2019. Noya, Dapena e Castro son dous dos 192 deportistas galegos que a partir do sábado loitarán polas medallas en varias especialidades: dúatlon, tríatlon cros, áquatlon, aquabike e o prato forte, o mundial de tríatlon de longa distancia, que se disputará o sábado 4 de maio.

Pablo Dapena, actual campión do mundo, medirase, entre outros, con Javi Gómez Noya, inmerso desde esta fin de semana nas Series Mundiais.

Este venres celebrarase a xornada de inauguración co desfile dos participantes a partir das cinco e media da tarde. A primeira proba disputarase o sábado.

A Televisión de Galicia retransmitirá pola segunda canle a proba elite de dúatlon. Unha semana despois, poderán seguir a través da televisión pública de Galicia a loita polas medallas na proba de longa distancia.

Pontevedra acolle estes días case 4.000 deportistas pertencentes a 52 países.

Noticias web

25/04/2019