Pontevedra, Poio e Barro entrarán en nivel medio tras o incremento de casos
Pontevedra é a única das grandes cidades que o próximo sábado estará en nivel medio de restricións. Xunto a ela tamén os concellos limítrofes de Barro e Poio.
Esta de Pontevedra á a area sanitaria máis afectada polo macrogromo orixinado entre estudantes que viaxaron a Mallorca, co 85 por cento do total dos contaxiados por estas viaxes en Galicia.
Para detectar posibles contaxios, Sanidade convocou 932 alumnos de primeiro de bacharelato a un novo cribado a partir de mañá no punto habilitado no hospital provincial onde hoxe están citados para un cribado xeral outros 330 mozos deentre 17 e 19 anos do concello de Poio.
Desde as 9 da mañá a afluencia de mozos de entre 17 e 19 anos do concello de Poio a este punto Covid situado no aparcamento do hospital provincial de Pontevedra foi en aumento. Non teñen relación cos afectados polo macrogromo de Mallorca pero preocupalles a situación.
Algúns dos que hoxe acudiron facer a proba si estiveron en contacto con compañeiros que participaron nas viaxes a Mallorca e que deixan xa 95 contaxios no concello.
Reivindican que é o seu verán pero recoñecen que ante todo hai que vivilo con precaución.
O incremento de casos levou a comité clínico a endurecer as restricións en Pontevedra e nos concelllos limitrofes de Poio e e Barro que entrarán o sábado en nivel medio.
A área sanitaria suma ademais outros 4 positivos asintomáticos entre os usuarios dun centro de día de Combarro.