CRTVG

Buscar

Pontevedra, Marín e Poio, pechadas como unha entidade única aos concellos da contorna

Publicado o 31/10/2020 14:16


Este control policial está no límite entre Pontevedra e Cerdedo-Cotobade. Sen documentación non hai escusa que valla. Coma no resto dos accesos en Galicia, a pregunta é a mesma, de onde é e cara a onde vai.

Como os tres concellos funcionan como unha mesma área, entre eles a circulación é libre e non hai controis. Vémolo no límite entre Pontevedra e Poio e tamén no límite entre Pontevedra e Marín. A capital da provincia, a cidade de Pontevedra estaba lonxe, esta mañá, de estar baleira.

A suma de poboación da área, de Poio, Pontevedra e Marín é de 124.430 habitantes.

Noticias web

31/10/2020