CRTVG

Buscar

Pontevedra felicita a Gómez Noya, que fai 36 anos

Publicado o 25/03/2019 17:59

A través dunha videoconferencia, Javier Gómez Noya confirmou que estará no Mundial de tríatlon de longa distancia en Pontevedra. Hoxe fai trinta e seis anos. E desde Pontevedra felicitárono deste xeito. Esa é a felicitación por parte do alcalde de Pontevedra e das autoridades internacionais do tríatlon.

Gómez Noya está en Nova Zelandia. Alí prepara a cita de Plymouth desta fin de semana. Serie mundial. Ano de clasificación para Toquio. Ano de alicientes. Un deles é o Mundial de Pontevedra.

 

Noticias web

25/03/2019