CRTVG

Buscar

Pontevedra estrea sede xudicial de máis de 20.000 metros cadrados de superficie

Publicado o 03/09/2019 15:44

Pontevedra estrea sede xudicial de máis de 20.000 metros cadrados de superficie. Na inauguración o presidente da Xunta destacou que o edificio reserva espazo para necesidades futuras e dixo que dignifica a prestación dun servizo público esencial.

Ten seis andares con capacidade para acoller 28 xulgados, aínda que inicialmente funcionarán 14. A idea é ir ocupando o novo edificio, que se comunica co xa existente a través dunha pasarela, segundo as necesidades dos próximos anos. Os seus 150 traballadores iranse trasladando aos poucos co obxectivo de ter a sede a pleno rendemento a finais de ano. Antonio Jesús Outeiriño. Pres. en funcións do TSXG. O presidente da Xunta destaca que a nova sede mellorará a atención do medio millón de persoas que viven en Pontevedra e comarca.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "A Xunta leva investidos na última década 115 millóns de euros en novos edificios xudiciais".

 

Noticias web

03/09/2019