Pontevedra é, das sete cidades, a que rexistra a maior incidencia acumulada
Publicado o 03/06/2021 15:14
Con 87 contaxios rexistrados nos últimos 14 días, 33 deles na última semana, a incidencia acumulada no concello de Pontevedra sitúase este xoves por riba dos cen casos.
"A verdade é que me sorprende", "xa temos medo a todo" ou "o problema é que van abrir todo demasiado rápido", din varios cidadáns.
A cidade comezou xuño rozando os cen casos activos diarios, case vinte máis que hai un mes.
Outras dúas cidades rexistran unha incidencia acumulada superior á media de Galicia. Son Vigo, con 92 casos, e Santiago, con 66 por cada cen mil habitantes.