CRTVG

Buscar

Pontevedra despide o Entroido con "dor e loito pola morte do papagaio Ravachol"

Publicado o 29/02/2020 21:40

Pontevedra está de loito. Di adeus ao entroido co velorio e a queima do Ravachol, o papagaio que andaba no sombreiro do boticario Feijóo a finais do 1800 e que cada ano regresa á cidade para presidir o Entroido.

O cortexo fúnebre cun séquito de choros e cantos partía hai escasa media hora da praza da verdura despois dunha tarde na que ninguén quixo perder a oportunidade de velar o morto. A incineración, que porá fin a este Entroido 2020 en Pontevedra, será arredor das once da noite.


 

Noticias web

29/02/2020