CRTVG

Buscar

Pontevedra caracterízase de medieval na XX Feira Franca

Publicado o 07/09/2019 14:52
Pontevedra caracterízase de medieval na XX Feira Franca

O desfile de homes e mulleres daquela sociedade medieval e a recreación do transporte do viño no século XV, dan comezo á vixésima Feira Franca de Pontevedra. Aquí non se disfrazan, caracterízanse.

A pesca e o comercio converteron a Pontevedra na vila máis poboada de Galicia. En 1467 Henrique IV, da casa de Trástamara, privilexiou a cidade cun mes de comercio libre de impostos. De ahí esta Feira Franca

Esta festa, que desde o 2000 se celebra a primeira fin de semana de setembro, conta esta ano cunha representación de esgrima segundo as normas da época.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019