CRTVG

Buscar

O BNG busca alianza co PSOE para o bipartito en Pontevedra

Publicado o 12/06/2019 15:26

Haberá bipartido do BNG co PSdeG na cidade de Pontevedra. Todo apunta a que haberá bipartito en Pontevedra. O BNG busca a alianza co PSOE despois de perder un escano nas pasadas eleccións municipais. As negociacións aínda están abertas, pero os dous partidos sinalan que van por bo camiño.

O PP, segunda forza máis votada, asegura que auditarán dende a oposición o traballo do Goberno.
As negociacións continuarán nas próximas horas, en que podería facerse xa a repartición das concellerías.

Noticias web

12/06/2019