CRTVG

Buscar

Pontevedra aspira á final das Series Mundiais de 2023

Publicado o 07/05/2019 13:51

Pontevedra solicitou ser sede da final das Series Mundiais de tríatlon do ano 2023. Esta proposta agrádalle á Federación Internacional. Serían catro días de competicións. Uns 4.000 deportistas. E estarían os campións mundiais de todas as categorías. Un reto enorme para Galicia. 

Jaime Agulló, responsable de Deportes no Concello de Pontevedra, valora o impacto deportivo, social e económico dos mundiais de tríatlon, dúatlon e áquatlon que acolleu durante unha semana Pontevedra. O informe da organización fala dunhas 10.000 persoas que chegaron dende fóra de Galicia e dun impacto económico na comarca duns dez millóns de euros. 

Toda esa resposta social e as felicitacións oficiais animan a Pontevedra a un novo desafío: acoller a final das series mundiais do ano 2023, o ano máis próximo que ten aínda sen asignar a Federación Internacional de Tríatlon.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019