CRTVG

Buscar

Pontevedra amosará ao mundo o seu modelo urbanístico no Cumio do Clima de Madrid

Publicado o 28/11/2019 15:30

Pontevedra, orgullosa de ser Pontevedra. Orgullosa de ser a única cidade galega invitada ao cumio do clima da ONU.

"E por segunda vez! Xa fomos invitados ao de París, e esta vez imos un chanzo máis e invítannos a participar nunha palestra".

No cumio de Madrid, o alcalde falará da transformación, da revolución urbana que viviu a boa vila dende 1999.

"En Pontevedra antes pasaban 80.000 coches, agora pasan 8.000".

Antes esta rúa era a estrada de Madrid: "Con beirarrúas de 50 centímetros. Prevalecía o coche sobre o peón, digamos".

Digamos que agora cambiou o conto: "É o coche o que se preocupa de ir ao ritmo do peón".

Resultado: unha cidade que presume de aire puro: "Temos un aire máis limpo. Reducimos un 67 por cento as emisións de CO2 na nosa cidade".

Resultado: unha cidade agora pensada para camiñar, con mapas que calculan as distancias en minutos de paseo.

"Para pasear é o mellor que hai. Pero para o resto...". "Para o comerciante é negativo". "Non, non é así. A nós cónstanos, como federación de veciños, que hai rúas de Pontevedra que nos están pedindo incluso que se amplíe a zona mixta, ou peonil, que temos".

O modelo urbano pontevedrés, en todo caso, será un exemplo exposto a semana vindeira no cumio do clima. Toda unha referencia mundial.

Noticias web

28/11/2019