Pontevedra agarda dez mil visitantes polo ITU Multisport
Pontevedra agarda ata o catro de maio, dez mil visitantes. Esta tarde arranca o ITU Multisport. Cinco campionatos do mundo, incluído o tríatlon de longa distancia. Competirán catro mil atletas que, canda familiares e afeccionados, encheron xa os hoteis da cidade.
Teñen reservas desde hai máis dun ano. Hoxe, ao cen por cento os hoteis de Pontevedra e na súa contorna organízanse para dar o mellor servizo a clientes de 52 países diferentes.
A hostaleira Patricia Sierra explica que tiveron que modificar os horarios, con almorzos moi cedo e con posibilidade de que poidan comer algo ao mediodía.
Restaurantes e cafeterías tamén amplían cociña e modificaron cartas. Dez mil clientes potenciais merecen ata cursos de idiomas.
Nunha cidade onde priman os peóns, as bicis róubanlles estes días o protagonismo.
Os atletas din que a xente é moi amable e moi respetuosa cos ciclistas e destacan que van competir, pero tamén pasalo ben.
E como non todo é competir, tamén haberá tempo para o lecer co Trifest. Actuacións musicais vinculadas con Galicia servirán de reposo no duro adestramento destes atletas.