CRTVG

Buscar

Pontevedra acollerá o Mundial de Tríatlon de longa distancia

Publicado o 12/07/2018 10:19

Pontevedra acollerá o ano que vén o Mundial de longa distancia. Alí estará probablemente Gómez Noya, quen xa disputou un campionato europeo neste mesmo percorrido. A longa distancia é unha das cinco probas mundiais que se celebrarán no Festival Multideporte que inclúe ademais dúatlon, acuatlon, tríatlon cros e aquabike. Será entre o 27 de abril e o 4 de maio. A primeira edición deste evento terá lugar dentro dun mes en Penticton, no Canadá. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018