CRTVG

Buscar

Pontedeume retorna ao medievo co Feirón dos Andrade

Publicado o 06/07/2019 14:43

A música viaxa estes días polas rúas empedradas de Pontedeume. Está en cada recanto, rebulindo dunha praza a outra para animar o feirón dos Andrade. "A xente vai atopar sobre todo artesanía de calidade, boa bebida e boa comida. E o fundamental: unha vila marabillosa." "É que o pobo dáse moi ben. As rúas son moi apropiadas para a feira medieval e a xente vén encantada."

A vila recunca ao medievo na décima edición da feira, xusto seiscentos cincuenta anos despois da colocación da primeira pedra do castelo de Andrade. Esta viaxe ao século XIV atrae cada ano máis xente. A organización agarda a visita de máis de setenta mil persoas. "Vén moita xente e a verdade e que é de agradecer porque lle dá vida á vila e estamos encantados," "Encántame esta feira, o sitio é moi bonito e o público é moi bo."

Os visitantes atoparán artesanía e poderán gozar da música e da gastronomía. Tamén hai teatro, exhibicións e talleres infantís neste reecontro co medievo que non descansará durante toda a fin de semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019