CRTVG

Buscar

Pontedeume prohibe o consumo da auga pola situación do río Eume

Publicado o 10/10/2020 21:26

A media tarde os supermercados xa estaban desabastecidos. A auga comezaba a ser un ben escaso en toda a vila. Nas cafeterías, tiran de bidóns para preparar os cafés. Había días que todos en Pontedeume notaban que a auga da traída viña turbia. As últimas análises confirmaron que os niveis de turbidez da auga son demasiado elevados, tanto, que a planta potabilizadora non pode asegurar a súa calidade. O Concello prohibiu o consumo este mediodía. "A partir de agora non se poderá facer uso para beber a auga, si para fregar ou lavar. Estamos en contacto con Augas de Galicia, con Viaqua e con Endesa, que están colaboroado con nós para busar unha solución o antes posible a esta problemática", explica o alcalde, Bernardo Fernández Piñeiro.

A problemática da que fala o alcalde é moi visible se miramos cara ao río, que baixa desde hai días cunha cor apardazada. Para buscar as causas, hai que achegarse ao encoro. O baixo nivel da presa do Eume deixou á vista refugallos que poderían estar afectando á calidade da auga. O BNG denunciou a situación no Parlamento esta mesma semana alertando da posibilidade de que se estean depositando metais pesados río abaixo.

Noticias web

10/10/2020