CRTVG

Buscar

Pontedeume permite o consumo de auga da billa tras dez días de restrición

Publicado o 20/10/2020 18:17

Logo de dez días sen poder consumir auga da billa, debido ao nivel de turbidez das augas do río Eume, este martes o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, informou de que desde esta mesma tarde está autorizado o consumo de auga potable.

Fernández sinalou que a Consellería de Sanidade remitiu na mañá de hoxe unha comunicación ao Concello en que mostrou o seu apoio a esta medida. Así, autorizouna "á vista dos resultados das análises realizadas estes días", dixo o rexedor.

Segundo o alcalde, "confirman que a auga que estamos a tratar na planta potabilizadora de Cabría cumpre con todos os parámetros establecidos no real decreto que regula a calidade".

O uso da auga quedara limitado desde o pasado 10 de outubro a tarefas domésticas de limpeza ou lavado persoal.