CRTVG

Buscar

Pontecesures, o concello pontevedrés con maior incidencia da covid

Publicado o 12/01/2021 14:36

Foi un cambio drástico en apenas unha semana, unha semana despois do remate do Nadal e todo apunta a que as xuntanzas foron foco de contaxio. Aquí son poucas as familias afectadas pero con moitos membros contaxiados.

"E se é a familia que é son moitísimos irmláns, cuñados e sobriños, enorme", comenta unha veciña.

En Pontecesures están hoxe pendentes das decisións que tome o comité clínico. Gozaban de certa liberdade e temen as restricións.

"Eu non pensei que chegabamos a tanto, ai hoxe, pobre de nós, vannos a confinar outra vez", teme unha señora.

"Estamos esperando a ver o que deciden, o que si é que están moi localizados os casos e entón pensamos que aínda que é un índice alto que igual as medidas non son tan restritivas", fala unha hostaleira.

Comezou a temporada da lamprea e preocupa un peche do sector da hostalería. "E agora vén a temporada da lamprea e hai que preocuparse moito porque é unha enfermidade moi mala", comenta unha peixeira do mercado de abastos.

O alcalde quere mandar unha mensaxe de tranquilidade e anuncia que xa solicitou a realización dun cribado.

"Vamos a empezar un cribado masivo en toda a hostalería e en todo o comercio en aras, un pouco, a determinar si pode ser, ou si está sendo neste caso no noso concello un vehículo de trasmisión importamte e poder acotar máis pronto que tarde todos estes casos", anuncia Juan Manuel Vidal, alcalde de Pontecesures.

Noticias web

12/01/2021