Ponteareas vive o seu segundo Corpus austero e sen visitantes no medio da pandemia
Doce alfombras, a metade do 2019, pero máis que o ano pasado onde os alfombristas non puideron traballar pola pandemia. E sobre todo menos xente de fóra de Ponteareas no seu domingo grandre
As forzas de seguridade, había dúas unidades da USECIC, a unidade que vela pola seguridade cidadá, coidaron durante toda a mañá polo cumprimento das medidas anticovid19. Os balcóns, ante a escaseza de tapices florais, estaban máis engalanados que outros anos, coa raíña desta festa de 2021, a hortensia. E tamén vimos a raíñas da flores saudando como as raíñas.
O que non cambia é a esencia da celebración, o Corpo de Cristo, o Santísimo sobre o copón da eucaristía saíndo en procesión. Tampouco cambia, con e sen pandemia, a choiva das flores, dos pétalos, que querían pero non puideron ser alfomrta.