Ponteareas mantén o Corpus con menos alfombras e de menor tamaño
Publicado o 04/06/2021 14:17
Por segundo ano consecutivo, a tradición do Corpus adáptase ás circunstancias e, con ela, as persoas que, como Maruja, a manteñen viva.
Será un Corpus "comedido, seguro e íntimo", din desde o Concello. O plan é facer unha ducia de tapices no canto dos vinte e dous de sempre e un 40 % máis pequenos. O costume do quefacer colectivo nos portais das casas mudou, desta volta, polo traballo individual ou ao aire libre.
Para evitar as aglomeracións que se producían na noite da confección das alfombras, o labor vaise desenvolver o mesmo domingo de Corpus, ás sete e media da mañá, para que estean listas para a procesión do mediodía.