Ponteareas entra no nivel alto de restricións tras incrementar os infectados activos
Ponteareas dá un paso atrás na súa loita contra a covid-19. Hoxe volve ao nivel alto de restricións por un incremento dos contaxios que atribúen a unha excesiva relaxación nas reunións familiares.
Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas en funcións, asegura que na última semana foron aumentado os contaxiados de forma progresiva, pasando duns 40 a principios da semana pasada ata os cincuenta que se rexistraron o venres. A rexedora espera que esa tendencia á alza se vai estabilizando
Aquí a incidencia acumulada a 14 días supera xa os 210 casos por 100.000 habitantes; un dato que fixo aumentar a preocupación entre os veciños. Din que hai xente que non cumpre as normas e que o ddesencadeante estivo nas reunións que tiveron lugar en Semana Santa.
A principal prexudicada por estas restricións volve ser a hostalería. Mantén os horarios de peche pero dende hoxe só poderán servir en terraza. Os propietarios das terrazas din que non lles paga a pena abrir, sobre todo se o tempo non acompaña.
Dende o Concello fan un chamamento á prudencia e á responsabilidade para volver á normalidade o antes posible.